Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Arquivo para a etiqueta “desvalorizar”

Devaluar

Permitídeme só un parágrafo de política. Nestes tempos de moeda única, nos que as regras do xogo impiden aplicar a vella receita de desvalorizar o diñeiro para salvagardar a estabilidade financeira, a política desvaloriza a cidadanía, abaratando o seu valor como man de obra; abaratando os seus dereitos sociais; abaratando o seu futuro para quen os compre, sexan bancos ou grandes empresas transnacionais.

En efecto, utilizaremos desvalorizar no canto de devaluar, castelanismo que á súa vez é un galicismo innecesario que triunfou grazas a que tamén o inglés o adoptou (to devalue).

O lingüista Benigno Fernández Salgado propón un neoloxismo para o concepto de ‘rebaixar o valor ou valía dunha cousa’: devaliar. É unha adaptación á galega deste tipo de verbos en francés na senda de avaliar/évaluer; devaliar/dévaluer. Devaluación traduciríase por devaliación.

Polo momento, o VOLG non o recolle. Que vos parece?

Advertisements

Navegación de artigos