Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “doenzas”

A acne

Non, non cometín unha falta de ortografía ao escribir esta palabra. En galego debemos dicir a acne (en feminino e con pronuncia grave) e non o acné. A palabra en orixe era akme pero un copista leullo mal a Aecio e confundiuse. Para sempre sería acne. Coa xeneralización do termo, o castelán recolleu a pronuncia francesa, aguda, hoxe tamén maioritaria na fala en Galicia. Cun pouco de práctica e vontade é doado incorporar o substantivo correcto á nosa fala cotiá. Non si?

Navegación de artigos