Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “elite”

Elite

Hai uns meses falamos de palabras que en castelán eran esdrúxulas pero que en galego había que escribir e pronunciar como graves. Eran palabras cultas que mudaran a súa pronuncia no castelán e que había que restituír etimoloxicamente.

O caso de elite é semellante. A palabra provén do francés élite e significa minoría dominante ou selecta. Na lingua orixinal pronúnciase grave pero como leva o til no primeiro e (que en francés serve para indicar como se pronuncia ese e, non para marcar a vogal tónica), os xornais españois comezaron a usar a forma acentuada e os lectores a considerar a palabra esdrúxula, aínda cando a Real Academia Española aconsellaba a pronuncia grave.

Hoxe en día, en castelán é maioritario o uso esdrúxulo aínda que tamén se pode pronunciar á francesa. En galego, só se permite empregar elite. Élite está considerado un castelanismo. Palabras derivadas de elite son elitista e elitismo, entre outras.

Navegación de artigos