Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “emenda”

Emendas á asemblea

Non, non vou falar de política neste post. Aquí só falamos de política lingüística, no peor (ou mellor dos casos). E de lingüística política, como é o caso.

Durante a Asemblea do BNG de Amio (Santiago), que tivo lugar o 28 e o 29 de xaneiro do 2011, moita xente escribiu en blogs, twitter e demais redes sociais sobre os debates, as propostas, o ambiente. Decateime de que aínda non quedou claro como se din en galego determinados termos políticos. En galego dicimos asemblea, non asamblea nin asembleia (forma semellante ao portugués assembleia pero cun tritongo alleo á nosa fala). Dicimos emenda, non enmenda. Tamén o verbo é emendar.

De debate provén o verbo debater e non debatir, castelanismo moi estendido pero evitable en todas as formas da conxugación. Dicimos reitor ou reitora en troques de rector/rectora. Aceitar é un lusismo. A maneira propia na lingua estándar é aceptar.

Advertisements

Navegación de artigos