Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “empeorar”

Recrudecer

Case sempre aparece este verbo en contextos de conflito como sinónimo de agravarse ou empeorar un mal. Orixinariamente significaba pórse dura a comida logo de a cocer.

En galego podemos empregar as formas propias recruar ou encruar. Hai que ter en conta que estes verbos poden se usar para definir a interrupción dunha cocción, que endura algúns alimentos ou os fai incomibles, caso das patacas ou o arroz.

Para non abusar dos mesmos verbos e evitar frases feitas como recruarse a guerra ou recruar o temporal, debemos empregar tamén as formas agravarse, empeorar, aumentar, incrementarse ou redobrarse, segundo o contorno do que falemos. Cando usamos sempre a mesma forma léxica acabamos por desvirtuar o que queremos dicir, convertendo unha expresión nun tópico cuxo sentido só apreciamos como autómatas.

Debemos lembrar que recruar ou encruar non son verbos pronominais. “Se recrudece la guerra en Mali”. “Recrúa a guerra en Mali”.

Navegación de artigos