Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “fax”

Cal é o plural de fax?

No uso da lingua hai, como en case todo na vida, rutinas. Afacémonos a que haxa unha regra definida para determinadas expresións e cústanos cambiar o chip. É o caso dos plurais de determinadas palabras que en galego non fan plural, mellor dito, fano pero sen modificarse. Por exemplo, fax. Aínda que é común escoitar: “Mandeille tres faxes e non contestou”, o correcto é dicir, os fax.

A regra é que todas as palabras que rematan nun grupo de dúas consoantes fai o plural sen variar. Por exemplo, fórceps ou luns. Entre estas colócanse as rematadas en -x porque se pronuncian como se fosen -ks. Deste xeito, diremos os tórax.

Tampouco mudan as palabras rematadas en -s cuxa acentuación sexa esdrúxula ou grave: os lapis, os martes, os oasis…

E empatando co primeiro que dixemos, hai outras palabras que fan un plural “especial” que se usa só na fala. Velaí “os manises” ou “as leises e os reises”.

Navegación de artigos