Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “forquilla”

Horquillas

Como se chaman esas pequeniñas pezas, normalmente de metal, que se utilizan para suxeitar o cabelo? O nome máis usual é o de horquillas. Incluso os galegofalantes pensarán instintivamente nese termo aínda que todos nos dámos conta de que é un castelanismo.

O substantivo acaído para denominar ese útil invento é prendedor, palabra que se usa para referirse a outras cousas que axudan a suxeitar ou unir, caso de roupas, por exemplo. A rapaza levaba dous prendedores no pelo, e non dúas horquillas.

Con todo, a palabra horquilla (que provén de horca) aínda se escoita –ben pouco, afortunadamente– en referencia á ferramenta de dous ou máis dentes, en forma de garfo, que se usa para apañar palla, esterco e outros materiais. En galego existen varias denominacións válidas para este instrumento, todas procedentes de forca: forquita, forquilla, forqueta ou forcada. Pero tamén se chaman galleta e galleto (unha galleta pequena) por mor de que cada unha das pugas que ten a ferramenta se chaman gallos ou gallas.

Navegación de artigos