Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “foxa”

Fosa e foxa si son a mesma cousa

No anterior artigo falabamos das diferenzas entre foxo e foso. En troques, fosa e foxa son palabras sinónimas, igualmente válidas en galego. Esta palabra, escrita con -s- ou -x- define unha escavación profunda e longa e tamén unha escavación destinada ao enterramento. En galego, con este significado, existen sinónimos que debemos empregar para evitar que se perdan coa estandarización: buraca e foia, por exemplo. Coñecedes algún outro termo para definir unha tumba?

Navegación de artigos