Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “gramática”

A segunda forma do artigo

Denomínase “segunda forma do artigo” á obriga que existía na normativa anterior á última reforma de sinalar graficamente a pronuncia que substitúe o r polo l no final dunha palabra que precede unha vogal. Debíase sinalar a través dun guión: O xefe da oposición pediu visita-las obras. Coa reforma normativa, recoméndase que se use na escrita a forma plena: visitar as obras aínda que se debe pronunciar coma se ese r se transformase nun l que se enlaza co artigo posterior.

Igual sucede coas palabras que acababan en s: Tódalas palabras que escoitei. Mantense idéntica pronuncia pero escríbese coa forma plena: todas as.

Aínda así, nalgúns casos mantense na escrita esta característica da nosa fala. Por exemplo, en u-lo, u-la, en ámbalas ou ámbolos (cando son pronomes) e tamén na contracción por+a=pola e noutros casos, como eilo cando contrae co pronome a partícula adverbial eis.

Que vos parece. Sodes máis de come-lo caldo ou de beber o viño?

Navegación de artigos