Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “hertz”

Hercio

Un dos campos débiles da normalización do idioma galego é o da tecnoloxía. Padecemos en Galicia un dominio case completo do castelán en terminoloxía científica, non só na académica, onde a penetración da nosa lingua é escasa –malia certa sensación social contraria– senón tamén no vocabulario máis popular, o que usamos no día a día cando compramos aparellos ou utilizamos aplicacións.

Hercio é unha palabra moi usada. É outro castelanismo, non considerado incorrecto pola Real Academia Galega senón pouco recomendable.

A palabra galega é máis fiel á orixe do termo: hertz.

O hertz é unha medida de frecuencia aceptada polo sistema internacional de valores. Equivale á frecuencia dun fenómeno cuxo período é un segundo de tempo.

O nome desta unidade homenaxea o descubridor da propagación das ondas electromagnéticas, Heinrich Rudolf Hertz, un físico de Hamburgo que viviu na segunda metade do século XIX.

En diferentes campos atoparemos esta medida co prefixo mega: a palabra correcta en galego é megahertz. O plural constrúese engadindo -s. “O procesador do meu ordenador ten unha velocidade de 2 megahertzs”.

Navegación de artigos