Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “lesma”

Babosa

En galego, babosa só existe como adxectivo: que segrega moita baba ou está envolta nela. Tamén, en sentido figurado, é un adxectivo despectivo que se refire a quen fala moito e sen sentido ou que di cousas que supoñen falta de educación e pouco respecto polos demais.

Para definir as especies de moluscos terrestres que se arrastran polo chan utilizando unha mucosa podemos utilizar varios termos. Unha das máis comúns é lesma. Na zona de Cequeliños dicimos lesmia, mellor dito lermia, que por alí o rotacismo fai furor. Noutros lugares utilizan limaco, limacha ou limáchega.

Si é correcto dicir ameixa babosa, xa que neste caso o termo é un adxectivo. Curiosamente, cando falemos deses animalechos invertebrados envoltos en babas podemos apoñerlles adxectivos tales como baballona ou baballosa.

E remato cun truco agrícola: se os vosos cultivos, por exemplo de leitugas, están ameazados por ataques de lesmas ou caracois –que non deixan de ser limachas acoirazadas– hai dúas maneiras de escorrentalas. Proba a colocar casca de ovo moída ao redor da horta ou enterra envases de plásticos cheos de cervexa. Ambas cousas estarrécenas.

Navegación de artigos