Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “literatura”

Xalundes

Os adverbios de lugar sempre teñen algo de poético, especialmente en galego, lingua que desenvolveu un vocabulario ben específico e rico para describir a marcha, a ausencia, o lonxe e o perto. Alén, ningures, algures… son adverbios moi comúns e coñecidos polos falantes e lectores. Pero hai outro que quizais é menos coñecido e igual de orixinal. Xalundes vén significar nun lugar afastado. “O teu tío vai xalundes e talvez non o vexamos nunca máis”.

Navegación de artigos