Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “maonesa”

Maonesa

Cal é o nome galego desa salsa, tan popular, que se fai con ovo, aceite, unha chisca de sal e vinagre ou limón a vontade? A salsa maonesa chegou a Galiza da man da cociña francesa, que lle chamaba sauce mayonnaise. Os franceses, que nunca perden a posibilidade de atribuírse un bo invento, afirmaban que esta delicia inventárana na cidade Bayonne, no País Vasco Francés pero non daban explicado o m inicial. A pesquisa histórica resolveu o enigma. En realidade, a salsa inventárona en Maó, capital de Menorca, nas Baleares.

Aínda así, os franceses seguen a teimar que foi o xefe de cociña do duque de Richelieu quen inventou a mestura a mediados do século XVIII como maneira de honrar o seu señor, que viña de conquistar a capital mediterránea tras unha dura batalla. Os maoneses complementan o prebe cun bo puñado de allo esmagado. En galego tamén é correcto dicir maionesa.

Navegación de artigos