Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “marisco”

Cigalas, bogavantes e langostas

Desafortunadamente para vós, non invitamos a mariscada. E menos o fariamos con castelanismos. Ambas as palabras son incorrectas en galego pero teñen truco. A lagosta (non langosta) é un crustáceo pero o nome define moitas especies distintas que se caracterizan pola gran cabeza con antenas e as pinzas. Cando unha lagosta é pequena chámase lagostino e velaí o quid do asunto: a palabra lagostino designa tanto o crustáceo da especie nephrops norvegicus coma o penaus kerathurus. É dicir, para os que non son biólogos, nomea tanto a cigala castelá como o langostino de importación, de cor gris verdosa e que habita os mares do sur.

Crustáceos autóctonos son o camarón (moi bos –e caros– os do Salnés) e o lumbrigante. Bogavante é a tradución ao castelán do nome deste marisco, que tamén se coñece nalgúns outros lugares por cereixo. Coñecedes outros nomes ou historias curiosas dos crustáceos?

Este texto publicouse na sección ANT Lingua no 2010.

Navegación de artigos