Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “motriz”

Motriz e motora

Velaquí un caso de adxectivos femininos dos denominados irregulares. Motriz é a forma que usaremos en feminino para motor. “Verónica Boquete é a motriz da selección galega de fútbol”; “A forza motriz dunha sociedade é a poboación activa”.

Ás veces observamos que se emprega comunmente motor con substantivos femininos ou se emprega a forma motora. Ambas as solucións son incorrectas. Motora en galego é un substantivo e define calquera embarcación pequena que se move a motor. Tamén podemos empregar lancha motora.

Navegación de artigos