Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “non embargante”

Sen embargo

Admitido pola normativa galega até o 2003, considerouse forma impropia logo da aprobación da normativa de consenso. Desde ese momento desaparecen da lingua estándar, ademais, nembargantes e nembargante. Substitúense por non embargante.

De todos os xeitos, todas as formas de locución conxuntiva adversativa baseadas no substantivo embargo considéranse importadas. Embargo non é unha palabra vella no idioma galego e si no castelán, onde antigamente equivalía a incomodidade, de aí o de “sin embargo”.

A forma culta máis usada para ese significado é non obstante. Mais coa normativa de consenso dúas locucións “novas” se tomaron do portugués: no entanto e porén.

Loxicamente, ao se introduciren hai tan pouco, o seu percorrido é curto mais xa se nota, especialmente na lingua escrita, tanto en xornalismo coma na industria do libro.

Aquel pacto do 2003 foi decisivo para unir ao redor dunha norma común a forma correcta de escribir e falar a nosa lingua. A avinza rematou coa chamada normativa de mínimos, que buscaba achegarse ao portugués especialmente tomando dese idioma as súas regras de acentuación e utilizando a separación mediante trazo dos pronomes persoais (falando-lle). Un dos grandes logros, por exemplo, foi unir á normativa oficial partidos como o BNG ou cabeceiras históricas do xornalismo como ‘A Nosa Terra’.

Hoxe en día, ese consenso é moi maioritario entre as institucións culturais e sociais que empregan o galego. Algunhas voces antano partidarias deste consenso decidiron, individualmente, aceptaren a normativa reintegracionista ou lusista. Mais a influencia desa postura é marxinal en Galicia e non conta apenas con soportes de expresión editorial nin sociopolítica.

Navegación de artigos