Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “normalización”

Froita escarchada?

Un dos campos nos que máis labor queda para lingüistas, normalizadores e xornalistas é a cociña. Aínda que os receitarios galegos son antigos e a arte culinaria propia é ampla e diversa, existen moitos castelanismos, que aumentan ano a ano por mor de novas técnicas que importamos, directamente na lingua de maior difusión nos medios. Exemplo desta práctica é a palabra escarchada, aplicada á técnica de conservación da froita a base de azucre. En orixe, alguén descubriu o parecido desta froita, usada normalmente nas sobremesas, co aspecto dunha pradaría xeada. O galego podería utilizar un sinónimo seguindo a mesma metáfora pero coidamos máis acaído falar de froita cristalizada. Que vos parece?

Navegación de artigos