Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “novelo”

Novelo e nobelo

Estas dúas palabras diferéncianse polo uso de v e b e porque novelo ha pronunciarse na lingua estándar con o pechado. Novelo e novela forman parte do campo léxico que define as crías do gando bovino. Concretamente, refírese a touros ou vacas que teñen dous ou tres anos de vida. Meu avó Baltasar sempre cantaba unha canción de escarnio e maldicir que dicía: “O Carallo 29/foi á feira dos novelos/Se ti o miras por alí/dámelle carne con pelos”.

Nobelo procede do latín globellus e significa, principalmente, a bóla que se forma enrolando fíos, ben sexa de la, liño, algodón… Por extensión, un nobelo é un sarillo, calquera enredo ou cousa enmarañada.

Navegación de artigos