Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “pregue”

Pregue

A palabra pregue é un castrapismo. Do castelán pliegue, tentouse galeguizar a súa forma substituíndo a forma pl pola propia pr.

Mais como ocorre noutros casos, ese tipo de “regras” non funcionan na nosa lingua. A normativa indica que a forma galega de pliegue debería ser pregadura ou dobra.

O dicionario Estraviz engade prega, palabra que tamén recomenda o lingüista Benigno Fernández. A palabra tamén existe en portugués.

A palabra castelá pliego é en galego prego. Tanto cando falamos das dobras cara a un lado e cara a outro que se fan nun papel ou na tea (as saias de pregos dos uniformes do ensino relixioso, por exemplo) coma se falamos de calquera papel dobrado en dúas ou máis partes.

Cando falamos dun documento oficial que contén requerimentos para, por exemplo, participar nun concurso de contratación coa administración pública podemos utilizar carta de prego. Prego de condicións tamén é válida.

Navegación de artigos