Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “quenes”

Quenes

Por influencia do castelán, algunhas formas lingüísticas completamente alleas á nosa fala acaban penetrando na forma escrita. É o caso de quenes ou quens, un erróneo plural da forma invariábel quen, forma aplicada só a persoas. Ás veces, este quen pode usarse con verbos en plural (quen sodes?) aínda que se recomenda utilizar que. Sinónimos en galego para traducir a forma castelá son cales e os que (Eran ellos quienes los habían llamado/Eran eles quen (os que) os chamaran).

Navegación de artigos