Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “sobre”

Encol de

Aínda moitas veces encontro en textos en galego o uso da locución preposicional encol de como sinónimo perfecto de sobre. “Hoxe vou falar encol de propostas e promesas”. Por querer distanciarse do castelán acabamos consagrando un hiperenxebrismo.

Só usaremos encol de para referirnos a algo que está nun plano físico inmediatamente superior a outra cousa. “Déixoche as cenorias e as cebolas encol da maseira”. Sinónimos son derriba, encima, por riba.

É unha forma nosa e convén promovela e usala máis pero sabendo que ten máis que ver con enriba de que con sobre. Sinónimos de sobre son acerca de, a respecto de, con relación a…

Navegación de artigos