Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “tecnicismos”

Ábsida

A pesar de que normalmente os conceptos relacionados coa arte son de orixe grega ou latina e, polo tanto, non hai grandes diferenzas entre o galego e outras linguas romances, no caso desta palabriña si. Aínda que se admite tamén a ábside, o recomendado é dicir a ábsida. Seguro que vos preguntades que é exactamente. Pois ben, defínese así a parte dun templo abovedada e polo xeral de forma de círculo que sobresae na fachada posterior. O termo é de orixe grega e agás en catalán, en todas as linguas próximas dise ábside. En castelán, ademais, estase a impoñer a forma masculina (el ábside), recentemente admitida pola Real Academia Española.

Navegación de artigos