Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “triunfo”

Trunfo e triunfo

Velaquí un caso dunha mesma palabra que evoluciona de dous xeitos diferentes e acaba tendo dous significados relacionados pero distintos. Do latino triumphus en galego xorden triunfo e trunfo. Non son sinónimos.

A palabra patrimonial trunfo só se usa para definir, no xogo de cartas, o naipe do pau de máis valor. O verbo trunfar emprégase tamén no barallo, para definir a acción de “matar”, gañar a baza cun trunfo.

No caso de vitoria, éxito, trofeo, úsase sempre triunfo. O verbo triunfar define as accións relativas á vitoria ou ao éxito.

Navegación de artigos