Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Quen son?

Son César Lorenzo Gil, xornalista. Durante máis dunha década, á parte de coordinar o labor xornalístico e escribir reportaxes, entrevistas, informacións e demais textos, encargueime da corrección lingüística do semanario A Nosa Terra e do xornal dixital A Nosa Terra Diario. Aquí deito aquela experiencia en forma de consellos e resolución de dúbidas.

Advertisements

27 reflexións sobre “Quen son?

  1. Pingback: Tes dúbidas? Este é o teu blog | Aí falaches!

  2. Ola!

    Estaría ben facer unha conta no Twitter con estas cousas!! 🙂 Moi bo traballo!

    • Graciñas por comentar e pola suxestión. Temos un perfil propio no facebook. No Twitter utilizo como contacto a miña conta persoal @cequelinhos. Desde aí difundo os artigos e respondo as dúbidas. Saúdos

  3. Paréceme ben interesante e importante o teu blog, eu son dos que intento expresarme en galego cada día un pouco mellor. Botarei man dos teus consellos de cando en vez.
    Podes visitarme en http://runiramos.com/
    un saúdo

  4. Deberías ter unha páxina.gal ou ser colaborador ou membro da RAG.
    Eu fixen unha páxina de información deportiva en galego e gustaríame ter máis xente que vise os meus artigos e xente que colaborase comigo, xa que eu só non podo escribir toda a actualidade deportiva.
    Se me podes axudar a difundir a páxina e buscar xente que colabore comigo ou ue queira colaborar comigo ou, senón dime como difundir a miña páxina, que a xente vexa os meus artigos e buscar xente que colabore comigo ou que queira colaborar comigo. E non quero usr redes sociais.
    A páxina é a seguinte : https:/velaitesdeportes.wordpress.com/
    Os requisitos son : só se pode falar de deporte ou algo relacionado co deporte e hai que falar en lingua galega.

  5. E acabo de crear outra páxina pra complementar o que se di nesta : https://estensiondogalego.wordpress.com/

  6. El sería ben que lle dedicases algún artigo ou reflexión ao léxico sexual popular galego? Esoutro día escoitín un vello referirse ao clítoris como “dente de allo”. Pareceume un pequeno tesouro lingüístico

  7. Henrique Rabuñal o dixo:

    É Lavedra ou A VEDRA o topónimo coruñés?

  8. Cando escoitamos ás veces nos medios referirse en galego a topónimos que levan artigo no seu nome, como O Grove, din algo do tipo: “…no porto de O Grove foi atopado….”.

    A min sóame fatal. Supoño que será “…no porto do Grove…”. Estaría ben escrito e falado así?
    Aínda que en castelán fora “…en el puerto de O Grove….”.
    Gustaría de saber a túa opinión.
    Un saúdo e noraboa polo blog.

    • Ola, Antonio. Perdoa a demora na resposta. Quedárame descolgado o comentario: en galego os artigos dos topónimos sométense ás mesmas modificacións na frase ca os artigos xerais. Se dicimos. É da casa e non é de a casa, debemos dicir, é da Coruña e non é de A Coruña. Igual coas preposicións en ou por: Pasei polo Barco de Valdeorras; teño un amor no Porriño ou vou ao Grove. Grazas por comentar

      • José M. Cazorla o dixo:

        Ola. Teño entendido que antes, o nome real desta localidade era Ogrove, até que chegou a febre castelanizadora que interpretou que ese “O” inicial era un artigo e traduciu o nome por “El Grove”. Despóis darían-lle de novo a volta pero conservando ese “O” como artigo e pasando por tanto a chamarse O Grove,

      • Ola. O que contas é, na opinión dos grandes especialistas en Toponimia de Galicia, unha lenda urbana. Non é da liña de Agolada senón da do Porriño ou A Coruña. Graciñas por comentar. Apertas

  9. Ola, César! Sigo o teu blog dende fai relativamente pouco e gústame moito o enfoque que lle das. Gustaríame proporche que fixeras unha entrada sobre o uso de ‘xenial’ en galego (a min sóame moi mal, practicamente unha tradución do uso castelán ‘genial’) e outras palabras deste estilo. Ata que punto son galegas ou temos as nosas propias que estamos a esquecer? Unha aperta e Feliz Aninovo!

  10. César, que che parecen as últimas actualizacións da RAG?
    Eu estou moi contente, porque a Real Academia Galega incluíu o termo “esprinte”. Parabéns á RAG. Tomara fixeran o mesmo con “blogue”, mais é mellor algo ca nada.
    Iso si, “sprint” segue a estar admitida. É dicir, que agora mesmo tanto “sprint” como “esprinte” son válidas. Eu considero que, por tradición da língua galega e polo seu xeito de ser, hai que dar prioridade á forma “esprinte”. Supoño que por agora están admitidas as dúas formans como transición. A ver se os medios de comunicación como a CRTVG, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Galicia Hoxe… dan prioridade a forma “esprinte” e a promocionan. E, claro está, agardo que as editoriais e os autores poñan da súa parte.

    • César, máis boas novas. Onte, mandei un correo a RAG dicindo que puxeran na entrada de “sprint” como sinónimo xeral a “esprinte” (xa que non aparecían sinónimos) e esta foi a súa resposta:
      – A forma “sprint” vaise eliminar porque se preferiu adaptala como “esprinte” e en canto se actualice o arquivo vai deixar de figurar como entrada.
      Esta é a liña que ten de segui-la RAG. Os meus parabéns por iso. Agora, xa só falta que fagan o mesmo con “blogue”. Mais, por algo hai que comezar.

  11. Montse Lopez o dixo:

    Existe y que significa la palabra “madialeva”?

  12. Saudos. Moi bo o blogue. Acabo de comezar un proxecto de divulgación científica en galego, coido que visitarei este recuncho con frecuencia para solventar dúbidas.

  13. Ola a todos! Moi interesante blog sobre a nosa lingua. Teño a seguinte dúbida: “chivar” ou “chivarse” co sentido de queixarse do comportamento dunha persoa a unha terceira que adoita estar ao cargo, non está recollida como tal no dicionario. Tedes algunha idea de palabra que se corresponda en galego?

    Un saúdo e grazas.

    • Boa tarde: En efecto, no dicionario da RAG, chibarse (ten de ser con b, xa que o verbo procede do animal chibo) non aparece con ese significado. Pero si o recolle o Estraviz e ademais está moi estendido. Polo tanto, do meu punto de vista, é completamente correcto usar chibarse como sinónimo de delatar ou denunciar. Graciñas por comentar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: