Dúbidas do galego

Sesión vermú

Moitas veces lemos vermouth ou vermut, formas gráficas francesas e italiana, respectivamente, para definir tanto unha bebida coma un momento do día. En galego debemos usar a forma adaptado vermú, en todos os casos.

O vermú, en orixe, era unha bebida de orixe alemá equivalente ao asento actual (a absenta que aínda hoxe se toma clandestina en moitos bares de Galicia). O vermú que se vende feito ou que se fai na cocteleira está baseado no viño, ao que se lle engaden tónica, quina (bebida feita dunha planta americana de sabor amargo), extracto de casca de laranxa, asento…

Como se puxo de moda beber o vermú na hora do aperitivo, unha hora antes de xantar máis ou menos, o vermú define tamén o que se bebe e se come nese momento. “Tomade un vermú antes de marchardes. Teño olivas e xamón da casa”.

E coma a esa hora nas festas e verbenas se acostumaba contratar unha banda de música para amenizar o torreiro logo da misa do santo patrón e a procesión, falamos de sesión vermú para definir o período no que calquera grupo musical toca ao redor do mediodía.

Single Post Navigation

Deixar un comentario