Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Carcoma

Este substantivo é de orixe incerta e compárteno o portugués e o castelán. O galego normativo rexéitao non porque estea demostrado que sexa castelanismo ou lusismo senón porque considera que é conveniente favorecer as formas vivas na fala popular.

Para definir este insecto devorador de madeira, prefírese empregar os termos couza, caruncho, traza, cosco, corta, trilla e rela. Recoñezo que case sempre oín chamarlle ao becho e ao seu efecto carcoma mais de cando en vez ás miñas avoas escapáselles traza, como unha desas moitas palabras que aprenderon mais gardaron na gabeta do seu cerebro en beneficio de formas que consideraban máis modernas ou máis correctas.

Traza tamén existe en portugués e é a forma que utiliza a miña familia no Brasil. Curiosamente, o verbo derivado deste nome, trazar, non o recolle o VOLG cando é común no portugués. Para substituír o proscrito carcomer a RAG prefire as formas roer e relar ou consumir ao falarmos de carcomer en sentido figurado. “La ira lo estaba carcomiendo por dentro”. “A ira estaba a consumilo por dentro”.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Carcoma

  1. ontem mesmo escoitei a minha nai dizer “está picado da trilha” 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: