Dúbidas do galego

Desenrolo

A palabra desenrolo é desas que fan fracasar unha xornada de corrección ortográfica a través dun programa informático en calquera procesador de textos. É unha palabra galega mais o seu significado no noso idioma: acción ou efecto de desenrolar, cando desenrolar significa estirar algún obxecto que estaba dobrado en forma de rolo, non é o que busca moita xente que a utiliza.

Porque cando falemos de desenrolar co significado de mellorar algunha cousa, ampliar a súa importancia ou magnitude, explicar un tema… estaremos usando un castrapismo a partir da palabra castelán desarrollar. Neste caso en galego debemos usar desenvolver e construír con esa raíz todos os seus derivados: desenvolvemento en vez de desenrolo.

Debemos ter en conta como maneira profiláctica para non errar que desenvolver e desenvolvemento son sinónimos de desenrolar e desenrolo polo que se sempre substituímos coas primeira as segundas nunca nos equivocaremos.

En castelán existe un concepto denominado desarrollismo, neoloxismo que define o período histórico da historia do franquismo durante a cal aumentou o PIB grazas a unha serie de investimentos inmobiliarios, en infraestruturas e en turismo mercé ás políticas dos chamados tecnócratas do Opus Dei principalmente na década do 1960. En galego podemos utilizar ese neoloxismo en cursiva: “O caos urbanístico de Vigo ten moito a ver co desarrollismo e os seus excesos”.

 

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: