Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Verquer

Varios son os significados do verbo verquer, sempre relacionados co paso dun líquido ou sólidos miúdos (sal, fariña…) dun recipiente a outro. Verquer é un verbo que se considera inapropiado no galego estándar. A norma considera esta forma unha evolución vulgar do latín vertere e recomenda a forma, corrente tamén no portugués, verter.

A importancia histórica de verquer nótase en que aparece nos principais dicionarios e léxicos compostos no século XX. Autores de prestixio como Eladio Rodríguez, Aníbal Otero, Xosé Luís Franco Grande ou Isaac Estraviz documéntano na fala e a palabra verquer aparece nas obras de autores principais da nosa literatura, caso de Xosé Luís Méndez Ferrín, Antonio Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro, Xohana Torres, Xosé Manuel Martínez Oca ou Xosé Vázquez Pintor, entre outros moitos.

Por ese peso específico de verquer, considero que debería admitirse como forma literaria a pesar da súa heterodoxia etimolóxica como forma lateral á maioritaria e documentada verter.

Loxicamente, se verquer non se admite tampouco o derivado verquido. Nin tampouco vertido, palabra que se considera castelanismo. Para definir o material de refugallo que se depositou nalgún lugar, incluído o mar, usaremos a palabra vertedura.

O espazo onde se verten residuos non é vertedeiro senón vertedoiro. Recordade que a forma -eiro-a responde case sempre a ocupacións: carniceira, enfermeiro e a forma -oiro a espazos: miradoiro, aparcadoiro.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Verquer

  1. Mais hai que lembrar que o vertedeiro é o coñecido en castelán coma fregadero. Outra cousa é o vertedoiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: