Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Colgar

O verbo colgar é un dos máis utilizados na linguaxe relacionada coas novas tecnoloxías, con significados diferentes e ás veces incluso contraditorios. En orixe, colgar significaba pór algo ou alguén nunha posición elevada de modo que se sosteña sen que a parte de abaixo se apoie no chan. Unha chaqueta está colgada dunha percha; un suicida cólgase dunha soga e un funambulista colga dun aramio de aceiro.

Coa chegada do teléfono, colgar adquiriu outro significado pasado o tempo: interromper a comunicación da liña. “Colga ti, anda. Non, colga ti, sé boíño”. Ese matiz de interrupción pasou á linguaxe informática. Cando dicimos que un ordenador se colga, referímonos a que deixa de funcionar, a que o sistema se bloquea e interrompe o seu funcionamento normal.

Após a xeneralización da internet, na lingua común colgar tomou un novo significado na linguaxe informática máis relacionado co orixinario. Colgar algo (unha foto, un documento, un vídeo…) na internet significa subilo a un servidor para difundilo ou compartilo. Pousar no ar sen que as patas sosteñan no chan pasa a ser unha metáfora do hiperespazo.

Estas novas formas chegan á lingua oral galega a través do castelán e como aínda a RAG non validou estes novos usos non sabemos se acabarán por integrarse no noso vocabulario. A alternativa a ampliar o significado de colgar sería beber do portugués. Como definen eles estes novos usos?

Para falar da interrupción telefónica, o portugués utiliza o verbo desligar. Cando nos referimos a un ordenador que se colga, en portugués utilizan bloquear. E para referirnos aos documentos que colgamos na internet, a lingua portuguesa emprega colocar. “Coloquei quatro fotos no orkut”.

A día de hoxe, a influencia de colgar parece moi forte. Mais serán os falantes coas súas escollas quen decidan até que punto unha ou outra forma merece entrar no vocabulario galego. A miña opción é substituír o verbo colgar, cando corresponde, polo verbo pendurar. Pendurar está considerado sinónimo perfecto de colgar en galego cando se refire a algo ou alguén que está sen suxeición: penduramos unha chaqueta na percha e pendura o suicida na soga. Así que, sen saírmos desta liña, podemos empregalo para o acto de subir ao servidor algún documento. “Pendurei catro novas fotos no facebook”. Se aplicásemos este criterio dun xeito global, poderiamos diferenciarnos do colgar castelán e darlle máis visibilidade a un verbo moi minoritario. Ollo, para falarmos da interrupción, tanto dunha aplicación informática como da comunicación telefónica, pendurar non é válido.

 

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Colgar

  1. Informático o dixo:

    No meu caso, cando o computador “se cuelga” sempre uso o verbo trabar. É dicir, trabóuseme o computador, está trabado…

    Xa no caso do Facebook, eu sempre digo que subo ou publico as fotos (ou calquera ficheiro). Ollo á diferenza de matiz, subir implica só colocalas na internet, publicalas é colocalas na internet de forma pública.

    No caso do teléfono si, aí é “colgar”, aínda que no caso contrario tento usar “atender” no canto de “coller” (a chamada de teléfono).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: