Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Asequible

O adxectivo asequible significa en español: algunha cousa que pode conseguirse. “La permanencia todavía es asequible para el Betis”. En realidade, o seu uso cotián estendeuse e tamén define algo que se pode comprar por baixo prezo. “El gobierno justificó la guerra en Irak pronosticando precios asequibles para los carburantes”.

En galego debemos substituílo pola forma accesible, preferentemente, xa que une os dous significados do castelanismo. “A permanencia aínda é accesible para o Betis”. “O goberno xustificou a guerra no Irak prognosticando prezos accesibles para os carburantes”.

Mais podemos optar por outras formas cando nos refiramos ao primeiro dos significados. Conseguible, alcanzable e atinxible son adxectivos válidos que podemos escoller segundo o contexto. Por exemplo, o verbo atinxir fai referencia a algo que se pode alcanzar directamente (que se pode tocar). E aínda que se estendeu o seu significado, si convén circunscribilo a unha frase na que ese contacto se vexa con claridade. “A pesar dos múltiplos casos de corrupción, é atinxible un próximo goberno comandado por PP ou PSOE”.

E xa que hoxe falamos de adxectivos rematados en -ble, é conveniente recordar que desde o 2002, en galego podemos utilizar a forma -bel, -beis. Accesíbel e accesíbeis son formas válidas mais debemos ser coherentes. Se nun texto utilizamos a forma -bel habemos de mantela todas as veces que apareza.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: