Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “nordés”

Cando diremos nor- e cando norte-?

Norteirlandés ou norirlandés? Nortecoreano ou norcoreano? Os xornalistas moitas veces temos dúbidas sobre como resolver os compostos cos prefixos norte- e nor-. A confusión coa norma castelá e incluso a forma literaria norde ensarillaron unha norma ben sinxela.

Cando teñamos que aplicar o prefixo en palabras que comezan con vogal, usaremos a forma plena norte-: norteafricano, norteirlandesa… Se a palabra empeza por consoante, apocoparemos o prefixo: norcoreana…

Cando falamos dos puntos cardinais non aplicamos esa norma. Diremos noroeste e nordeste ou nordés. Nordés tamén é o vento que sopra desde ese punto.

Navegación de artigos