Trucos ortográficos: o v
Unha das cousas que máis desesperan os estudantes é que a ortografía non teña regras definidas. Por que vai con v avión e con b bola? Aínda que na meirande parte dos casos as oscilacións b/v ou o uso do h teñen a ver coa tradición e etimoloxía, podemos aproveitarnos dos trucos que nos dá Xosé Pombo Mosquera na súa Guía rápida da lingua (Xerais).
Úsase v sempre despois de n (inventar)
Logo dos prefixos ad-,ob- e sub- (advertir, observar, subverter)
Os adxectivos rematados en -avo, -ava, -evo, -eva, -ivo, -iva, -ave e -eve agás árabe e todos os seus derivados.
As palabras compostas do prefixo vice-.
As palabras rematadas en -viro, -vira, -ívora e -ívoro.
As formas verbais que non teñen b ou v no infinitivo. Agás nos tempos do pretérito imperfecto da primeira conxugación (estaba).
Os verbos acabados en -servar (agás desherbar).
Este texto publicouse en A Nosa Terra Diario no 2010.