Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Cesar

Hai quen di que os grandes inimigos da lingua son os que máis a usan: xornalistas e escritores. Pode ser, máis ben, que xusto os que precisan empregar o idioma constantemente acaben errando por causa das urxencias e das necesidades de comunicar.

Cesar é un deses verbos que se empregan mal. Escoitamos moitas veces: O presidente cesou dous ministros. Non é correcto. Cesar significa interromper ou acabar algo. A chuvia cesa. Tamén se pode aplicar cando alguén voluntariamente deixa de facer algo. O director cesou nas súas funcións. O que non se pode é cesar a ninguén. Tecnicamente, diremos que cesar é un verbo intransitivo que o mal costume converteu en transitivo. Cando alguén obriga a outro a deixar algo é mellor usar verbos como destituír, relevar, depoñer ou suspender. O presidente relevou dous ministros.

Derivado de cesar é cese, castelanismo moi estendido na nosa escrita que debe substituírse por cesamento, mais só nos casos nos que empregariamos o verbo cesar. Hoxe prevese o cesamento do fogo no Congo. O cesamento da treboada permitiu abrir a autoestrada. No resto dos casos hai que usar destitución ou relevo.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Cesar

  1. Pingback: Demitir | Dúbidas do galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: