Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Colleitar

Outravolta estamos diante dun verbo derivado dun substantivo (colleita) que é incorrecto. Colleitar é unha copia do verbo castelán cosechar, moi estendido principalmente nos medios de comunicación pero practicamente inexistente na fala.

Para substituílo, se falamos de agricultura, podemos empregar recolectar, apañar, recoller ou cultivar. Como colleitar xa estendeu o seu uso a outros eidos (O Celta colleitou nove puntos de nove; O PP colleitou 186 escanos…), outros verbos que podemos usar son obter, recibir ou conseguir.

Si son correctos outros derivados, coma colleiteira ou colleitadora.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Colleitar

  1. Sempre pensei que as copias de verbos do castelan eran relativamente actuais…
    Crieime nunha zona rural, e cando digo crieime quero dicir que ata fai ben poucos anos facía a colleita das patatas (vale, esa aínda a sigo facendo) a seitura e a malla. Dende logo, non coma no tempo dos meus avós, pero si mantendo as palabras e vocabulario deles, a través de meus pais.
    Por iso me extrañou tanto esta anotación túa: eu recoñezo “dende sempre” a palabra colleita, recolleita, recolleitar… como palabras habituais na miña casa
    Saúdos!

  2. Xabier: Si é curioso pero pensa que a relación entre galego e castelán non sempre é recente. Ademais, neste caso concreto deuse un contaxio entre unha palabra patrimonial e outra máis culta, quizais: de colleita sumado a recolectar/recolecta é fácil pasar a recolleita/recolleitar.

    O castelanismo máis obvio é o de colleita; non penso o mesmo de recolleita, que parece máis ben iso, unha evolución popular de recolectar.

    Coma sempre, grazas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: