Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Cizaña

En castelán, a cizaña é unha planta gramínea cuxa semente é velenosa. Nas grandes chairas castelás converteuse en símbolo de ameaza para a saúde dos outros cereais que sustentaban a economía. Foi por iso que a palabra pasou tamén a significar un comentario ou acto que crea desunión.

En galego debemos evitar usar esta palabra. A planta (lolium temulentum) nomearémola como xoio ou lerica.

Cando queiramos empregala co significado de desunión, podemos optar por formas como discordia, desavinza ou desconcordia.

A normativa oficial admite tamén utilizar xoio en sentido figurado. “A chegada daquel home sen barbear sementou o xoio entre as irmás”. Mais para lingüistas como Benigno Fernández este uso é mimético ao do castelán e avoga por empregar tarela. A tarela (palabra que non recolle o VOLG) é, segundo o dicionario Estraviz, o nome galego da planta cynodon dactylon, outra herba tóxica que ameaza os trigais, é dicir, unha parente do xoio. De feito, en moitos dicionarios históricos, caso do de Leandro Carré, tarela é sinónimo de xoio.

Pola razón que sexa, en varios dicionarios verifícase o uso de tarela como sinónimo de discordia. Cada país escolle a herba que máis rabia lle dá para convertela no símbolo da inimizade. “O discurso do presidente estendeu a tarela no tema da defensa da lingua autóctona, até entón alleo á confrontación política”.

 

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Cizaña

  1. Para o sentido metafórico de “sembrar cizaña” ou “meter cizaña” o Dicionario castelán-galego da RAG ofrece varias alternativas:
    – meter as cabras na horta
    – meter as ovellas na horta
    – poñer lume
    – encirrar
    – acirrar
    – azurrar
    – apurrar

  2. Eu, para a expresión castelá “meter cizaña”utilizo meter os cans na bouza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: